FIN TEMPADA 2017-2018 PDF Imprimir Correo

Como todos sabedes a tempada de fútbol 2017-2018 deuse por finalizada o pasado fin de semana.

Unha tempada marcada por grandes éxitos deportivos para o noso Club, cabe salientar :

- O ascenso do equipo Senior Español S.D.

- O ascenso do equipo Xuvenil de Liga Nacional a División de Honor (facendo historia no noso Club)

- O equipo Infantil A quedou Subcampeón da Copa Galega Infantil.

- Dos mais pequenos da nosa casa o Prebenxamín A, quedou Campeón de Liga, Campeón Galego da zona Norte , Campeón Galego absoluto e Subcampeón do Mini Teresa herrera.

- O equipo Benxamín B, campeón da Copa Afac.

O resto de equipos, todos moi ben, na súa liña, mantiveron as súas respectivas categorías, tanto nas de Fútbol 11 como nas de Fútbol8. 

Queremos celebrar convosco que a Real Federación Galega de Fútbol outorgou o noso Club a distinción na categoría de Club Referente no Fútbol Base de Galicia, polo traballo de promoción do fútbol base levado a cabo na Delegación da RFGF en A Coruña, e que nos converte nunha referencia en todo o fútbol da nosa comunidade.

Desde o noso Club queremos expresar o noso maís sentido agradecemento a todos os xogadores, adestradores, coordinadores e, como non, ós sempre sufridores país, que contribuístes de diferentes maneiras a que esta tempada fora un éxito.

Grazas polo interese que sempre mostrades, pola vosa disposición e polo voso apoio, o que fai que sigamos traballando con ilusión e con empeño por mellorar.

OS NOSOS PARABÉNS!!!

Agora toca un merecido descanso.

FELIZ VERÁN A TODOS!!! 

 

Comentarios
Ańadir nuevoBuscar
ˇSólo los usuarios registrados pueden escribir comentarios!

Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved.

 

Anúnciese Aquí

Anúnciese Aquí

Encuesta

¿CREES QUE EL DEPOR ASCENDERA A PRIMERA?
 

Usuarios Online

Tenemos 11 invitados conectado(s)

Campos de fútbol

Campos de fútbol de Galicia